Unha persoa resulta ferida de gravidade nun accidente de tráfico en Cuntis
Por Redacción
Unha persoa que circulaba polo lugar de Campo no termo municipal de Cuntis sufría feridas de gravidade despois de que o seu turismo envorcase tras producirse un impacto con outro vehículo durante a tarde deste sábado, segundo a información facilitada polo Concello de Cuntis. Como consecuencia do golpe, os dous turismos saíronse da estrada quedando amparados por un sebe de grandes dimensións.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e do servizo de emerxencias de Cuntis.
UN TURISMO ARDE TRAS GOLPEAR UN FAROL
Segundo informa o servizo de emerxencias do 112 Galicia, ás 01.45 desta madrugada, producíase outro accidente, nesta ocasión no Concello de Ribadumia. Un vehículo golpeaba contra un farol ao saírse da vía e a continuación, comezaba a arder.
Desde o 121 trasladouse aviso ao 061- Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Salnés, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.
O condutor do vehículo foi evacuado en ambulancia ao Hospital do Salnés.