O porto de Marín aproba a sede electrónica
Por Redacción
O consello de administración da Autoridade Portuaria de Marín aprobou a creación da sede electrónica do organismo, ademais da posta en marcha do rexistro electrónico. Desta forma, en coordinación con outros portos do Estado, licítase unha solución integral de administración electrónica para realizar diferentes trámites. Este procedemento estará dispoñible desde a páxina web www.apmarin.com
Tamén nesta reunión aprobábase a subscrición dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente para protexer o medio natural e a información océano-meteorolóxica no porto.
A Xunta de Galicia conta cunha rede de estacións meteorolóxicas, que miden a calidade do aire e oceanográficas que permiten avanzar os comportamentos que se van a producir tanto en materia atmosférica como oceanográfica. A través do convenio instalaranse estas estacións e contémplase no mantemento dentro do recinto.
Por último, o consello aprobaba de forma definitiva o Plan de Empresa 2019 da Autoridade Portuaria, acordado con Portos do Estado.