O centro de saúde de A Parda ensina como coidar ao coidador
Por Redacción
O centro de saúde A Parda en Pontevedra ven de rematar un proxecto de intervención grupal dirixido a coidadores de pacientes dependentes.
Baixo a premisa de que mellorando a saúde do coidador tamén mellora a da persoa dependente, este centro de Atención Primaria impartiu un programa de apoio que combinou soporte emocional, educacional e recursos sociais.
Esta iniciativa formativa realizouse durante oito sesións de hora e media de duración os meses de maio e xuño, nas que se abordaron aspectos relacionados coa atención tanto do coidador coma do propio paciente. Así mesmo, este proxecto aportou conceptos prácticos sobre ambas atencións -coma atender á persoa dependente, pero tamén coma coidarse un mesmo, mediante sesións máis psicolóxicas, emocionais e de autoaxuda-.
Segundo sinalan no centro de saúde de A Parda, o coidador non profesional dun familiar en situación de dependencia é unha figura cada vez máis habitual nas consultas de Atención Primaria. Os estudos máis recentes revelan que un 8,5% da poboación española que vive en casa declara algunha discapacidade para as actividades da cotiás, e o 55,8% destas persoas son dependentes de grao 1. Segundo revelan os últimos estudos, o 87% das persoas maiores prefiren vivir en casa e un 63% quererían recibir coidados da propia familia.
O grupo foi coordinado pola enfermeira familiar e comunitaria Mar Touceda e a traballadora social Arancha Soto, coa participación doutras profesionais do equipo de saúde no Centro de Saúde A Parda: a hixienista dental María José Bugallo, a farmacéutica Cristina Barreales, a fisioterapeuta Eva Corral, a MIR residente de Medicina de Familia Ana Esmorís e a enfermeira Interna Residente Nadia Abeledo.