Sanxenxo planifica 89 actividades festivas durante o verán
Por Redacción
O verán chega a Sanxenxo cunha importante carga de actividades culturais, festivas e deportivas. Na axenda do Concello están marcadas 89 actividades en todas as parroquias do municipio. A maior parte delas son de carácter lúdico, pero tamén haberá 19 actuacións musicais, 17 citas deportivas e unha vintena de festas.
Cun orzamento de 420.000 euros, o Concello asume a organización directa de 39 actos. Nos cincuenta restantes participan asociacións e nunha decena delas, o financiamento asúmea directamente o goberno local.
Entre os eventos máis inmediatos do verán sanxenxino figura o programa Sanxenxo Cultural, cuxa exposición se inaugura este venres na sala Nauta do Porto Deportivo; a festividade do Santísimo Sacramento de Vilalonga, o domingo día 7; ou a festa de San Cristóbal en Portonovo durante toda a fin de semana,
Á hora de deseñar esta programación desde a concellería buscaron actividades con formato familiar e o mantemento dos concertos nas parroquias e o cinema na rúa, que acumula anos de tradición.