Unha muller resulta ferida de consideración ao caer xunto á fervenza de Segade
Por Redacción
Unha muller sufría feridas de consideración durante a tarde deste mércores 24 de xullo tras protagonizar unha caída xunto á Fervenza de Segade, no Concello de Caldas de Reis.
Un particular alertaba ao servizo de emerxencias do 112 Galicia ao redor das 17.15 horas alertando de que a muller sufrira unha caída e se queixaba dun forte golpe na cabeza.
Desde o 112 Galicia solicitábase a intervención do persoal do 061-Urxencias Sanitarias, dos bombeiros do Slanés, axentes da Garda Civil e da Policía Local. Ademais tamén se alertaba ao GES de Valga e a voluntarios de Protección Civil de Caldas para colaborar no rescate da muller en padiola.