Celebración do romaría 'Trompos os pés' en Marín con motivo do 25 de xullo
Por Redacción
Marín celebrou a festividade do 25 de xullo, un ano máis, coa romaría que organiza a agrupación foclórica Trompos os Pés. Nesta ocasión, durante a mañá, foi necesario trasladar os actos previstos na Alameda ao multiusos do Mercado de Abastos debido á chuvia que fixo presenza durante as primeiras horas do día.
Ao acto asistía tamén a alcaldesa de Marín, María Ramallo, que amosou o seu agradecemento a esta agrupación e entregaba os pins e as pulseiras conmemorativos deste día.
A música, os xogos populares, as pandereitas e os bailes tradicionais galegos convertéronse en protagonistas nesta celebración local do Día de Galicia.