Establecen por primeira vez unha veda para o choco na Ría de Arousa
Por Redacción
A Consellería do Mar da Xunta de Galicia establecerá unha veda prohibindo a pesca do choco en augas da Ría de Arousa. Será a primeira vez que isto suceda.
Segundo avanza a administración autonómica, a norma sairá publicada este xoves 1 de agosto no Diario Oficial de Galicia (DOG), momento desde o cal estará prohibido ata o 31 de outubro a captura desta especie por medio de calquera arte.
A medida tómase a raíz da petición da Federación de Confrarías de Galicia, promovida pola maioría das confrarías da ría de Arousa e tras comprobar a súa viabilidade biolóxica, explica a Xunta.
Non se permitirá a captura do choco pero tampouco a tenencia a bordo, transbordo, comercialización ou venda, tamén para tamén a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores.
Perséguese, sinala a Consellería do Mar, o "establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos", obxectivo marcado pola Lei de Pesca de Galicia.
Esta veda súmase ás que xa existen nas rías de Vigo e de Pontevedra para a mesma especie e que deron comezo o pasado 15 de xullo.