Campaña de control da Garda Civil a embarcacións deportivas e de recreo
Por Oskar Viéitez
Ata o próximo 18 de setembro a Garda Civil ten está a levar a cabo unha campaña de control e inspección de embarcacións deportivas e de recreo na que se revisan os certificados de navegabilidad, o xustificante de pago da prima do seguro en vigor (a infracción máis repetida na provincia de Pontevedra) e a titulación da persoa que pilota.
O pasado verán practicáronse un total de 277 inspeccións pola Garda Civil que deron como resultado un total de 66 propostas de sanción ante as autoridades marítimas competentes. A maior parte delas (55) estaban relacionadas coa carencia de seguro da embarcación. Outras seis foron por carecer do certificado de navegabilidade na embarcación e outras 5 debíanse a problemas coa titulación do piloto.
En Pontevedra tamén se multaron a 28 motos acuáticas, na súa maioría por carecer de seguro. Outras 3 foron por incumprir as normas sobre zonas e períodos de navegación, dúas por carecer de titulación e outras dúas a empresas de aluguer e outros conceptos.