A Polcía Local de Poio busca os donos de objetos perdidos nos concertos do Armadiña Rock
Por Redacción
A Policía Local de Poio pide a colaboracion cidadá para atopar aos propietarios dunha serie de obxectos perdidos que chegaron ás súas mans despois dos concertos da Armadiña Rock 2019.
Entre os obxectos que buscan dono figuran algúns de valor elevado como un teléfono iPhone con funda AMG negra e vermella, localizado en Combarro, na zona dos concertos.
No recinto das actuacións musicais tamén apareceron dúas carteiras de cor negro, unha da marca Parfois e outra cunha franxa negra; e un porta tarxetas a raias.
Ademais, chegou ás mans da Policía Local unha chave de vehículo marca Peugeot que apareceu na Reiboa, na zona da acampada do festival.