O Concello de Sanxenxo corta un vial en Arra ante o risco de derrube dun inmoble
Por Oskar Viéitez
O Servizo Municipal de Emerxencias cortou este martes un vial en Arra.
O Concello de Sanxenxó tomou esta decisión ante o aviso veciñal polo perigo de derrube que presenta un inmoble en mal estado.
O vial comunica Arra co lugar de Catadoiro.
Os técnicos comprobaron que a vivenda podería colapsar debido aos graves danos estruturais que presenta.
O Concello trata de localizar á persoa propietaria do inmoble para informa da situación.