Unha muller resulta ferida tras ser atropelada nun paso de peóns de María Victoria Moreno
Por Redacción
Unha muller de 50 anos resultou ferida e tivo que ser trasladada en ambulancia ao Hospital Montecelo de Pontevedra tras ser atropelada cando cruzaba por un paso de peóns da avenida María Victoria Moreno.
O atropelo produciuse sobre as 12.30 horas deste mércores nun dos pasos de peóns situados nas inmediacións do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo.
A muller estaba a cruzar o paso de peóns cando un vehículo alcanzouna. Foi atendida no propio lugar do atropelo por unha ambulancia e a continuación trasladada ao hospital.
A muller estivo consciente en todo momento e o seu prognóstico é reservado.
A Policía Local de Pontevedra acudiu ao lugar do atropelo e levantou atestado do accidente.