Detido un vilagarcián por un caso de 'Upskirting': fotografou baixo a saia unha muller e ela retívoo
Por Natalia Puga
A Policía Nacional de Vilagarcía de Arousa detivo a un veciño desta localidade como responsable dun caso do coñecido como 'upskirting', unha conduta aplicable a aquelas persoas que fan fotografías ou grava vídeos baixo a saia dunha muller sen a súa autorización.
No caso deste vilagarcián, foi sorprendido facendo fotografías co seu teléfono móbil baixo a saia dunha muller mentres ambos facían cola na oficina de Correos de Vilagarcía.
A actitude do home chamou a atención a outro cliente, que estaba tamén esperando a súa quenda cando viu que o home poñía o seu teléfono móbil baixo a saia dunha muller e que a pantalla se acendía. Esta testemuña alertou á muller, que reprendeu ao mirón.
A vítima chamoulle a atención e, cando o home pretendeu escapar, seguiuno. O home abandonou a oficina e ela foi tras el cara ao exterior, ata que logrou retelo e pedirlle que lle deixase ver as fotos que fixera.
Tras a alerta doutros viandantes, desprazouse ata o lugar a Policía, que lle interveu o teléfono móbil e tamén outro dispositivo de almacenamento de arquivos informáticos.
Fuentes policiais confirmaron que o home foi detido por un delito contra a intimidade.