Ana Pastor non encabezará a lista do PP por Pontevedra para o 10N: será número 2 por Madrid
Por Redacción
Ana Pastor, ex ministra, ex presidenta do Congreso dos Deputados e, nas últimas eleccións xerais, número 1 da candidatura do PP por Pontevedra, non se presentará nos comicios do 10 de novembro por esta provincia, senón que acompañará a Pablo Casado nas listas por Madrid.
Pastor será a número dous do líder do PP, Pablo Casado, pola capital de España, un posto no que substitúe o que fora a fichaxe estrela do partido nas eleccións xerais do 28 de abril, Adolfo Suárez Illana. O fillo do ex presidente do Goberno será o número tres desa candidatura.
O anuncio de que ocupará o número 2 na lista, adiantado polo xornal El MUNDO na noite deste domingo, deixa libre o número 1 da lista do Partido Popular por Pontevedra, un posto para o que soa outra muller, aínda que aínda non se confirmou.
A ex presidenta do Congreso e ex ministra de Fomento e Sanidade nos gobernos de Mariano Rajoy e José María Aznar é pontevedresa de adopción (naceu en Zamora) e concurreu na lista por Pontevedra en todas as elecccións xerais celebradas desde o ano 2000. Encabeza a lista desde el año 2004.
Destaca pola súa longa traxectoria e experiencia e pola súa proximidade ideolóxica e persoal ao ex presidente do PP e do Goberno de España, Mariano Rajoy, de modo que o anuncio interprétase como unha fichaxe que supón un xiro cara ao centro e a moderación de Pablo Casado, así como unha proximidade ao anterior proxecto político do Partido Popular.