Pontevedra participa en Porto nun foro sobre mobilidade urbana
Por Redacción
Unha representación pontevedresa, formada polos edís Anabel Gulías e Alberto Oubiña, participou este venres nunha xornada sobre mobilidade urbana na cidade lusa de Porto.
O foro, organizado polo Instituto de Cidades e Vilas com Mobilidade e a Rede de Cidades e Vilas de Excelência de Portugal, analizou o futuro da mobilidade no ámbito das cidades,
Pontevedra foi convidada a participar no panel As cidades e o planeamento da mobilidade urbana sustentable e nel a edil de Promoción da cidade expuxo os principais parámetros da campaña Efecto PO2 que impulsa o goberno local dende este mandato e as actuacións de transformación urbana realizadas nas últimas dúas décadas.
Os asistentes ao congreso amosáronse interesados en como resolver as reticencias de poñer en marcha medidas que -a priori- poden non ser apoiadas por toda a cidadanía ou na determinación política de levar adiante estas actuacións.
Anabel Gulías aclarou a este respecto que a discrepancia "non pode ser unha escusa para non actuar" e sinalou que "hai que ter valentía para escoitar e, sobre todo, para actuar".
Relacionadas:
-
Pontevedra, invitada ao Cume do Clima de Madrid
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra obtén o aplauso da Fundación Rosa Luxemburgo en Bruxelas
Por Redacción |
-
Andorra La Vella fala de Pontevedra como a cidade "que inspirou" a súa transformación urbana
Por Redacción |
-
Os ecos do 'Efecto PO2' e do modelo urbano de Pontevedra chegan ata Glasgow
Por Redacción |
-
Cangas premia o modelo urbano de Pontevedra: "É un orgullo que sexa na casa", di Lores
Por Redacción |