Atopan un cabalo desnutrido e a outros dous mortos nunha leira de Meis
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Refuxio de Animais de Cambados fixo público un novo episodio de malos tratos animais descubertos esta semana xunto a axentes da Policía Autonómica nunha leira de Meis.
A colaboración veciñal revelou que nesta leira situada no lugar da Rochela, na parroquia de San Vicente de Nogueira, atopábase un cabalo en avanzado estado de desnutrición e había outros dous xa mortos, que xeraban un cheiro nauseabundo na zona.
A presidenta do Refuxio de Animais de Cambados, Olga Costa, anunciou que denunciarán ao propietario por malos tratos animais.
Esta mesma intención expresaron as organizacións animalistas, Libera e Fundación Franz Weber para que inhabiliten a ese gandeiro para ter animais, porque xa tivo problemas similares noutras ocasións.