As piscinas de Campolongo abrirán ao público este venres 1 de novembro
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra reuniuse este mércores pola mañá con carácter extraordinario e urxente coa finalidade de darlle o visto bo á apertura do centro deportivo municipal de Campolongo.
Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, isto é debido a que os servizos municipais de Arquitectura e Intervención supervisaron o resultado das obras e recabáronse os preceptivos informes das áreas de Contratación e de Deportes.
Aempresa adxudicataria despexa definitivamente o camiño da tramitación administrativa e anunciou a apertura das instalacións para o vindeiro venres 1 de novembro.
Por tratarse dunha xornada festiva, o complexo deportivo abrirá de 9:00 a 14:00 horas, ao igual que o domingo 3 de novembro.
Os usuarios poderán empregar o sábado as instalacións de 9:00 a 21:00 horas, mentres que o horario será de 06:45 a 23:30 horas de luns a xoves e de 06:45 a 23:00 horas os venres.