Buscan os furtivos que extraeron cinco sacos con 362 quilos de ameixa ilegal en Lourizán
Por Redacción
A Policía Autonómica de Pontevedra e o servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 362 quilos de ameixa durante un operativo realizado semanas atrás na zona de Lourizán, en Pontevedra.
Neste operativo localizaron ocultos no areal de Lourizán cinco sacos de ameixa froito de actividade furtiva, pero non se localizou os responsables, de maneira que os axentes da Policía Autonómica continuarán coas xestións para identificalos.
En canto á ameixa, volveron resementala de novo na zona da que fora extraída, segundo informaron a Vicepresidencia e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
A actuación, na que tamén participaron os gardapescas e integrantes da confraría local, realizouse o pasado 28 de outubro e supuxo tamén a incautación de dous raños.
A Xunta lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supoñer un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non compren produto fóra das vías legais de comercialización.
Relacionadas:
-
Deteñen en Poio un grupo de furtivos reincidentes con 18 quilos de ameixa xapónica
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Autonómica comisa 4 quilos de percebe e 1,5 quilos de nécora en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
A Garda Civil desarticula un grupo de mariscadores furtivos que actuaba nas rías de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
Comisan aos furtivos 98 quilos de peixe e marisco na ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |