Compañeiros e amigos renden homenaxe ao ex-alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro

Por Redacción
Estar 16 anos como alcalde ben merece unha homenaxe como o que recibiu este sábado o ex-rexedor de Vilaboa.
Preto de 300 persoas xuntáronse na Finca Batacos para recoñecer a traxectoria de José Luis Poceiro, o que ata hai uns meses seguía sendo alcalde do municipio.
Poceiro ostentou o bastón de mando de Vilaboa desde o ano 2003 ata as últimas eleccións locais, este ano 2019, cando foi relevado por Kiko Costa.
Entre os asistentes estaban familiares, amigos e compañeiros do Partido Socialista, como o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero; o secretario provincial, David Regades; a subdelegada do Goberno, Maica Larriba; así como deputados no Congreso e Senado, deputados autonómicos e os alcaldes de Vilaboa, A Illa e Fornelos de Montes, entre outros.