Botan un can atado ao río en Ribadumia
Por Redacción
Foi unha chamada dun particular sobre as dez e media da noite do sábado a que alertou os responsables do refuxio de animais de Cambados, que acababa de ser testemuña de como tiraban un can atado ao río en Sisan, Ribadumia.
Segundo fontes desta protectora de animais, esta persoa pedira socorro ao 112, tras o cal estivo alí a esperar sen que aparecese ninguén, polo que acudiu á súa casa e se puxo en contacto co refuxio.
Son estes últimos os que chaman á Garda Civil de Cambados que acoden ata o lugar dos feitos cunha patrulla onde xa estaban a traballar un grupo de voluntarios para intentar dar co animal.
Pero xa era demasiado tarde, cando os axentes o localizaron o can estaba morto dentro dun saco.
A través do seu perfil en Facebook, o Refuxio de Animais de Cambados anuncia que este luns presentará unha denuncia, polo que apela á colaboración cidadá para reunir probas que permitan identificar a persoa que botou ao animal ao río Umia.