Intentan roubar a unha persoa maior axudándoa a sacar diñeiro do caixero
Por Redacción
A Policía Local de Marín identificou unha parella que, coa escusa de ofrecer axuda para sacar diñeiro dun caixeiro, pretendía estafar e roubar a unha persoa de avanzada idade.
Segundo informou este corpo policial, os feitos producíronse na tarde do pasado xoves cando a vítima dispoñíase a sacar 50 euros do caixeiro dunha entidade bancaria.
A parella achegouse e ofreceulle a súa axuda, pero no momento de introducir a cantidade desexada marcaron un cero máis na operación, co obxectivo de retirar 500 euros e quedar co diñeiro.
A vítima comezou a gritar e, afortunadamente, había unha patrulla da Policía Local a escasos metros que logrou interceptar a estas dúas persoas e recuperar o diñeiro.
Ante feitos como este, as autoridades aconsellan ás persoas maiores que teñan moito coidado á hora de retirar o diñeiro dun caixeiro, que nunca acepten a axuda dun descoñecido e que limiten a cantidade de efectivo que se pode retirar nunha operación.