Acordoan unha parte da rúa Laranxo por risco de caída de cascotes
Por Redacción
De novo a caída de cascotes puxo en perigo a integridade dos peóns que circulaban pola rúa Laranxo.
O suceso tivo lugar contra as dúas da tarde e afortunadamente non ocasionou ningún dano persoal.
Foi un particular o que chamou á Policía Local para advertir do desprendemento de parte dunha baldosa da fachada do edificio que fai esquina coa rúa Cobián Roffignac, en cuxo baixo esta situado un Hiperxel.
Ata alí acudiron axentes da Policía municipal e do corpo de Bombeiros que inspeccionaron a fachada do inmoble comprobando que a fixación das baldosas non ofrecía demasiada seguridade polo que decidiron valar a zona para evitar calquera accidente, cortando o paso pola beirarrúa ao chegar a este punto.
Segundo fontes da Policía Local, esta previsto que os técnicos municipais revisen o edificio este xoves.
CAÍDA DUN MOTORISTA
Segundo informou o 112 ás 15:37 da tarde recibiron o aviso por parte dunha testemuña da caída dun motorista na Avenida de Lugo.
Polo demais recupérase das súas feridas no Hospital Domínguez o home de 37 anos que resultou atropelado na noite do martes cando ía en bicicleta sobre as 22.00 horas á altura do número 15 do Paseo de Colón, segundo os datos facilitados polo 112.