Cubela quere que a Deputación recolla as demandas veciñais no novo proxecto da estrada de Almofrei
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade pon como liña vermella ao novo proxecto viario anunciado pola Deputación para acometer a mellora viaria da EP-0405 en Almofrei que se teña en conta a petición veciñal na que se reclama o ensanche desta estrada.
Jorge Cubela considera moi positivo que a Deputación anunciase a redacción deste novo proxecto, tal e como confirmaba o deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, pero lembra que hai que abrir un proceso negociador que contente a todas as partes e desenquistar unha situación que leva catro anos sen avances, segundo expón o rexedor.
Desde o goberno local de Cerdedo-Cotobade indícase que é preciso modificar unha plataforma da calzada para corrixir a estreiteza da vía e a sinuosidade de moitas das curvas, que converten á vía nunha zona de inseguridade na circulación.
Cubela afirma que están dispostos a negociar, dialogar e a buscar acordos coa Deputación en canto aos criterios de mobilidade da administración provincial pero sempre que se atendan as demandas da parroquia de Almofrei.
Relacionadas:
-
Cubela insiste na necesaria mellora da estrada de Almofrei tras un ano esperando polo novo proxecto
Por Redacción |
-
A Deputación dá os primeiros pasos do novo proxecto para a estrada provincial entre Xesteira e Almofrei
Por Redacción |
-
A Deputación informa á veciñanza da situación da estrada de Almofrei
Por Oskar Viéitez |
-
Cerdedo-Cotobade esixirá á Deputación a mellora integral da estrada de Almofrei comprometida por Louzán
Por Redacción |