Xeve celebra esta fin de semana a súa 'romería laica'
Por Redacción
A Asociación Recreativa de Xeve, ven celebrando dende a súa fundación no 1996 unha serie de eventos englobados nunha festa de carácter popular e participativa, chamóuselle inicialmente Festa da Asociación, pero hoxe é coñecida como Festixeve.
ÿ unha "romería laica", segundo definiu o concelleiro, Demetrio Gómez, durante a presentación no Concello xunto co presidente da Asociación, Florencio Chantrero.
Hai eventos durante os sete días pero a parte máis importante concéntrase na fín de semana: o sábado, orientado cara a mocidade, cos concertos, que rematan a altas horas da mañá, xogos e gincanas deportivas do máis divertido para os que aguanten o ritmo. A música correrá a cargo do grupo tradicional Pandeiromus, a pachanga galega Co Sonoro Maxín e o picadiscos, Nonito Mondosonoro.
No domingo, considerado o día grande da festa, durante toda a xornada, haberá xogos populares, contacontos, inchables para nenos, exposicións culturais, etc. Na carballeira habilítanse mesas e bancos para o xantar, no que non falta o polbo á feira. Hai degustacións gastronómicas, teatro, e, como non, actuacións musicais, batucada con Olodum do Coio e a charanga Rouba bicos.
Esta "romería laica" celébrase na carballeira de Fragoso, último núcleo poboacional da parroquia de Xeve, preto xa do límite entre os concellos de Pontevedra e Campo Lameiro.
Neste lugar hai unha zona chamada Campo de Vilar, á altura do km 7,2 da PO 223; un espacio de esparcemento onde, ademáis do campo de herba que lle da nome, hai unha pequena carballeira e un antigo colexio reconvertido en casa de cultura.