![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0ba/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5e42e58d9e-reunion_ccmm-ardan_edar_pastoriza_2020.jpg)
© Concello de Marín
O Concello tranquiliza os veciños de Ardán ao asegurarlle o bo funcionamento da depuradora
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dar a coñecer as medidas adoptadas polo goberno local e sufocar a preocupación vecinal polo funcionamento da Estación de Depuración de Augas Residuales da Pastoriza, na parroquia marinense de Ardán, foi o obxectivo da reunión mantida este martes por parte do goberno local con directivos desta Comunidade de Montes.
Esta depuradora, pensada para dar cobertura a un núcleo de 102 habitantes, é a única coa que conta o municipio, que envía a maior parte das súas augas residuales ao complexo de Os Praceres. Malia que as dimensións desta estación son as correctas para satisfacer toda a demanda, foron catro os veciños que detectaron contaminación no auga da traída.
Ao coñecer o problema, o Concello encargou un estudo a unha empresa especializada que detectou picos anómales sobre todo no mes de setembro o que lles fai sospeitar da realización de vertidos non domésticos na EDAR.
A vixilancia mantívose nos meses posteriores e os técnicos cetificaron que os valores fóronse normalizando. Aínda así, o goberno local comprométese a manter as analíticas, prestando especial atencion ás catro traídas afectadas ata que non haxa rastro de contaminación.