
© Concello de Cuntis
Cume dos alcaldes do Umia para renovar o servizo de Atención Temperá a menores

Por Redacción
Os alcaldes dos seis concellos que integran o servizo mancomunado de Atención Temperá reuníronse este martes en Cuntis para avanzar no proceso de licitación do novo contrato de xestión do Punto de Atención Temperá establecido no polígono cuntiense da Ran.
Os rexedores de Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis, Moraña e Catoira traballaron sobre as cláusulas que rexerán a adxudicación dun novo contrato que sairá a licitación nas próximas semanas. Este programa, financiado polos seis concellos, a Xunta e fondos europeos, préstase desde o 2018 co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante intervencións dirixidas á poboación infantil de entre 0 e 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou con risco de padecelos.
Coinciden os mandatarios en recoñecer a "enorme utilidade" deste servizo para a cidadanía da comarca como garantía de atención e integración social para os menores. Mostraron tamén a súa satisfacción por poder continuar ofrecendo de forma conxunta unha atención tan especializada e necesaria.
Actualmente, este servizo préstase nun local do polígono da Ran no que se atende ao redor de 50 nenos e nenas. O Concello de Cuntis asume a xestión dos aspectos materiais, de persoal, de tramitación administrativa, así como da contratación de actividades ou prestacións extraordinarias. Tamén a Xunta colabora no financiamento do servizo.
Relacionadas:
-
O Punto de Atención Temperá de Cuntis, un servizo "irrenunciable" para 60 menores da comarca
Por Redacción |
-
Alianza entre Cuntis e A Estrada para obter fondos europeos
Por Redacción |
-
Cuntis recibe unha axuda de 72.000 euros da Xunta polo servizo mancomunado de atención temperá
Por Redacción |
-
O alcalde de Cuntis reclama a mellora da Rede Galega de Atención Temperá
Por Olaya Madrigal |
-
Barro, Caldas, Cuntis, Moraña e Portas traballan na continuidade do Servizo de Atención Temperá
Por Redacción |
-
Cuntis xestionará o programa de atención temperá para menores con trastornos de cinco municipios
Por Redacción |