Multitudinaria festa pirata infantil á espera da chegada de Benito Soto
Centos de piratas invadiron na tarde deste martes a praza da Ferrería como aperitivo para a incursión prevista durante a Noite Pirata que a partir das 22.00 horas encherá as rúas do centro con Benito Soto e a súa Burla Negra, a fragata británica Morning Star e o barco francés Trois Mers.
A partir das cinco da tarde, celebrouse a festa pirata infantil, na que os máis pequenos gozaron da animación do grupo Rivel e a música de varios DJ como Jamar discoteca móbil. Bailaron, xogaron e ríronse coas actividades programadas e dirixidas desde o escenario da Ferrería.
Na edición deste ano chamou a atención non só a multitudinaria participación da festa, moito máis elevada que a de anos anteriores senón tamén a gran cantidade de adultos que tamén sacaron á rúa os seus traxes de piratas e corsarios.
A festa forma parte da programación de Entroido do Concello de Pontevedra, que pode consultarse nesta ligazón.
Festa infantil pirata na praza da Ferrería
Centos de piratas invadiron na tarde deste martes a praza da Ferrería como aperitivo para a incursión prevista durante a Noite Pirata que a partir das 22.00 horas encherá as rúas do centro con Benito Soto e a súa Burla Negra, a fragata británica Morning Star e o barco francés Trois Mers
© Roberto Alonso
Festa infantil pirata en Pontevedra
O espectáculo na Praza da Ferrería en Pontevedra durante o martes de entroido.
© Roberto Alonso Pereira