Rúas e prazas baleiras: os pontevedreses confínanse para loitar contra o coronavirus
Por Diego Torrado & Natalia Puga
As rúas e prazas de Pontevedra presentan este sábado unha imaxe inusual. A diferenza de calquera outro fin de semana, este primeiro sábado de aplicación das medidas da Xunta de Galicia de peche de todos os negocios de atención ao público excepto os que venden alimentos e produtos de primeira necesidade está a deixar rúas practicamente baleiras e prazas sen rastro de presenza humana.
Si se puido ver bastante circulación de persoas nas inmediacións de supermercados e outros negocios de venda de alimentos como panaderías, froiterías, peixarías, carnicerías ou o propio mercado de abastos, pero no resto da cidade apenas se rexistrou presenza de cidadáns.
Prazas como a céntrica da Ferrería ou todas as rúas do centro histórico estiveron desertas e a escasa circulación de persoas concentrouse noutras zonas de concentración de actividade comercial como Benito Corbal, onde hai varios negocios de venda de alimentos de primeira necesidade. O interior dos establecementos abertos si deixou unha imaxe contrario, totalmente cheos de xente que se lanzou a mercar producos.
Púidose ver a algunhas persoas paseando, pero sempre respectando as distancias de seguridade, aproveitando a últimas oportunidade de libre desprazamentos previas á aplicación do estado de alarma aprobado polo Goberno do Estado, que restringue os movementos da poboación excepto para adquirir produtos de primeira necesidade, acudir ao centro de saúde ou ao traballo.
Desta forma, a inmensa maioría dos pontevedreses optou por confinarse voluntariamente na casa antes mesmo de que o ordenase o Goberno, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias e políticas, que indican que o combate do coronavirus require da implicación de toda a poboación, que se extremen as medidas de hixiene e que se opte por permanecer en casa.
Durante toda a xornada si foi habitual a presenza de axentes das policías Local e Nacional, que percorreron a cidade para controlar o cumprimento das restricións de apertura ao público de comercios non autorizados.
Relacionadas:
-
Pontevedra en alarma: 98 días de peche
Por Oskar Viéitez |
-
O ano que pasou da histeria colectiva polo papel hixiénico nos supermercados á solidariedade máis resistente e altruísta
Por Anxo Lourido |
-
Redución do 90% do tráfico na cidade durante o confinamento domiciliario
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Unha Pontevedra "pantasma" como nunca se viu
Por Diego Torrado |
-
Xa hai facilidades para facer compra na praza de abastos sen saír de casa
Por Marisa Ciordia |
-
Primeiro día laborable con estado de alarma: menos xente pola rúa e establecementos con distancia de seguridade
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Os pontevedreses responden: a corentena deixa a cidade deserta
Por Natalia Puga |
-
A Xunta dá liberdade horaria aos establecementos de alimentación e garante o tratamento do lixo
Por Natalia Puga |
-
VIDEO.- Pontevedra súmase ao aplauso colectivo á loita incansable do persoal sanitario fronte o coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
O comercio bota a persiana, pero permitiranse salóns de peiteado, tinturerías e ópticas e a venda por Internet
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Sen expedición de DNI nin pasaporte ata novo aviso
Por Redacción |
-
Músicos galegos ofrecerán concertos por streaming para amenizar a corentena polo coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
Cancelan os actos da Semana Santa pontevedresa para salvagardar a saúde das persoas participantes
Por Anxo Lourido |
-
A poboción só podrá saír da casa de xeito individual e para compras de primeira necesidade, atención médica e traballo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Xunta cerra todos os locais públicos agás tendas de alimentación e farmacias e regula os funerais
Por Natalia Puga | Creada e actualizada