Un accidente de Ponte Bora con dous feridos causa importantes retencións para entrar en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente de circulación na N-541 ás 9:15 da mañá, concretamente no quilómetro 87, á altura de ponte Bora, xunto á estación da ITV.
Ao lugar da colisión achegáronse efectivos de emerxencias médicas, que trasladaron a un home de 50 anos e a unha muller de 42 ao Hospital de Montecelo con prognóstico, en principio, leve.
A Garda Civil de Tráfico, que tamén acudiu ao lugar, tivo que regular a circulación ante as retencións que se xeraron na estrada en dirección a Pontevedra, como confirmaron varios condutores afectados a PontevedraViva.