Educación atrasa a selectividade e será, en principio, entre o 22 de xuño e o 10 de xullo
Por Alejandro Espiño
A selectividade aprázase. Esta decisión, que se daba por feito pola suspensión das clases polo coronavirus, xa é oficial. Así o acordaron o Ministerio de Educación e os gobernos autonómicos na reunión sectorial que se celebrou este mércores por videoconferencia.
En principio, cada comunidade poderá elixir celebrar estes exames de acceso á universidade entre o 22 de xullo e o 10 de xullo. Iso si, estas datas poderían variar en función da evolución da pandemia do coronavirus.
En canto ao exame en si, manterá un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, aínda que se aumentará a opcionalidade dos temas.
É dicir, os exames poderán incluír temas non impartidos nas clases presenciais, pero os alumnos poderán elixir non contestar a esas preguntas, xa que haberá varias opcións para que cada un deles decida cal responder.
O obxectivo é garantir que o alumnado poida lograr a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non recibir algúns dos contidos previstos no temario.
Galicia xa comunicou que convocará a comisión interuniversitaria para abordar este tema, aínda que os tres rectores das universidades galegas xa manifestaron a súa total colaboración para garantir ao alumnado a equidade no acceso á universidade.
Educación entende que, nestes momentos, as autoridades educativas deben traballar para que ningún alumno perda o curso e que non se vexan prexudicados polo peche decretado nos centros escolares
SUSPÉNDENSE AS PROBAS DE AVALIACIÓN
Ademais, nesta reunión sectorial aprobouse suspender as probas de avaliación diagnóstica que, no marco da LOMCE, realízanse en terceiro e sexto de Primaria; e en FP reduciranse os requisitos de prácticas para a obtención do título.
Por agora, non hai unha decisión tomada sobre as oposicións de educación que, por exemplo en Galicia, tiñan previsto celebrarse a finais de xuño. Esa cuestión, aclaran desde Educación, abordarase a próxima semana nunha reunión específica.
Relacionadas:
-
A selectividade será "diferente" con máis centros de exames e menos movemento de alumnos
Por Alejandro Espiño |
-
O colectivo de Opositor@s galeg@s pide á Xunta o aprazamento a 2021 da convocatoria de oposicións á docencia
Por Redacción |
-
A Universidade de Vigo dita normas para finalizar o curso desde casa
Por Manu Otero |
-
As probas ordinarias da Selectividade serán en Galicia entre o 7 e o 9 de xullo
Por Redacción |
-
Aprazamento da selectividade, prácticas máis flexibles para FP... as medidas para que ningún estudante perda o curso
Por Natalia Puga |
-
Preto de 200 profesionais educativos promoven a iniciativa 'Aulas Galegas', un web lúdico e de ensino para tempos de corentena
Por Anxo Lourido |
-
Educación suspende as clases en Galicia polo coronavirus
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga | Creada e actualizada