Autorizan a demolición do Club Paladín
Por Oskar Viéitez
A comisión de urbanismo do Concello de Pontevedra deu luz verde á demolición de tres inmobles na Avenida de Vigo. En concreto son os números 47, 51 e 53 do segundo tramo desta rúa.
Segundo explicou o concelleiro de urbanismo, Antón Louro, estes edificios teñen entre 43 e 85 anos pero non están catalogados polo que "carecen de interese de conservación".
O máis coñecido de todos eles é o primeiro dos inmobles que albergou un club de alterne, o Paladín.
Nas oficinas municipais unicamente se presentou o proxecto de demolición valorado en 30.000 euros e que conta con todos os informes favorables.
Antón Louro sinalou que non ten datos que indiquen que os propietarios teñan previsto construír nestas parcelas.