O cambio de hora menos traumático
Por Redacción
Tras dúas semanas de confinamento, este sábado produciuse o habitual cambio de hora que nos mete de cheo no horario de verán. Na madrugada do domingo 29 de marzo, ás dúas adiantouse o reloxo ás tres.
Este cambio de hora será especial posto que a gran maioría da poboación non vai sufrir con esta modificación horaria ningún cambio importante xa que ao estar confinados non terán que levantarse a ningunha hora en concreto.
Agora comezaremos a apreciar unha hora máis de luz solar e isto pode ser toda unha vantaxe.
Este cambio de hora permanecerá ata a última fin de semana de outubro.
O motivo do cambio atópase no aforro enerxético. Unha directiva da Comunidade Europea establece que todos os Estados pertencentes á Unión Europea están obrigados a cambiar o horario para aproveitar mellor a luz do sol durante as tardes.
Segundo a Comisión Europea, a medida favorece tamén ás comunicacións, a seguridade viaria e aos modos de vida, repercutindo mesmo no turismo. O cambio de hora iniciouse nos anos 70 con motivo da primeira crise do petróleo. A idea é consumir menos electricidade na iluminación, segundo o Instituto para a Diversificación e aforro da Enerxía (IDAE).