Descartan construir un aparcadoiro baixo á praza que se vai crear próxima á igrexa de Virgen del Camino
Por Redacción
O Concello de Pontevedra disporá dunha nova praza de 2.000 metros cadrados para uso e disfrute da cidadanía cara final de ano. Así o anunciou este martes o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, logo da reunión da comisión de Urbanismo, quen acordou a recepción parcial da urbanización que a constructora Construcuatro está a realizar entre as rúas José Malvar, Loureiro Crespo, Casimiro Gómez e Amado Carballo. entre las calles José Malvar, Loureiro Crespo, Casimiro Gómez y Amado Carballo. Detrás de la iglesia de Virgen del Camino.
Neste acto administrativo, que se concretará este mércores, ás 13.30 horas, coa sinatura por parte do alcalde en funcións, Antón Louro, coa xunta de compensación desta unidade de actuación número 34, o Concello recibirá parcialmente a urbanización, que poderá estar rematada a finais de ano, segundo as previsións da constructora.
O Concello recibirá 704 metros cadrados (beirarrúas e parte dun vial) que permitirá o acceso dos particulares aos estacionamentos dos edificios. Trátase dunha prolongación da rúa Amado Carballo, a carón da igrexa Virxe do Camiño. E xa a final de ano, o barrio disporá dunha praza de 2.000 metros cadradados ademais dun acceso peonil ate a rúa Loureiro Crespo.
Antón Louro descartou a posibilidade da construcción dun estacionamento soterrado na rúa Amado Carballo como estaba previsto "porque o propio mercado dixo que non ten sentido xa que non hai demanda". Ademais, os novos edificios dispoñen de 50 prazas para a venda, para os que tampouco hai demanda.