O fiscal eleva a acusación contra Falconetti e a súa muller, reclámalles 13,5 millóns de euros
Por Natalia Puga
O histórico narcotraficante arousano Luis Falcón, Falconetti, e a súa esposa poderían perder do seu patrimonio 13,5 millóns de euros. ÿ o diñeiro que lles reclama a Fiscalía tras o xuízo por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico celebrado durante dous días na Audiencia Provincial de Pontevedra.
O fiscal relataba no seu escrito de conclusións provisionais queFalconetti e a súa esposa branquexaron diñeiro procedente do tráfico de drogas por varías vías: a través da inmobiliaria O Castriño S.A a través das promocións urbanísticas que fixeron cada un dos acusados por separado, os dous xuntos ou a través da sociedade mercantil San Martín de Villajuán.
O fiscal Antidroga, Luis Uriarte, cifraba en 2,6 millóns de euros o diñeiro branquexado nas promocións, pero, no caso do Castriño, non concretaba cifras, limitábase a sinalar que se utilizara a sociedade para, a través da súa contabilidade, branquexar diñeiro procedente do narcotráfico.
Ao carecer deste dato, cifraba o diñeiro branquexado en 2,6 millóns de euros, pero, segundo explicou ao termo da vista, estudiado más en profundidad el caso, y a la vista de las periciales, pude determinar una cifra (para O Castriño), que son 300 y pico millones de pesetas (unos 1,9 millones de euros).
Unidos ambos os dous datos, estipula que o matrimonio branquexou 4,5 millóns, de forma que pide que ambos os dous paguen unha indemnización individual por esta cantidade e que se lle comise entre ambos os dous outro tanto das súas propiedades, algunhas das cales están branquexadas.
Acusación e defensa centráronse en desacreditar os peritos da parte contraria
Este é o resultado da segunda sesión do xuízo contra Falconetti, que segue enfrontándose a un condena de tres anos de prisión, na que tanto a Fiscalía coma as defensas dos dous acusados centraron os seus informes finais en desacreditar os peritos achegados pola parte contraria.
O fiscal cuestionou a credibilidade dun perito chamado pola defensa de Falconetti porque comparecía na vista como perito cando leva sendo dende 1994 asesor do acusado. De feito, pediu á sala que se deducise falso testemuño das súas declaracións.
Sostivo, ademais, Uriarte que Falconetti "traficaba con droga a un nivel alto", que dispuso de millones y millones de pesetas procedentes del narcotráfico" nos anos que se centra a súa acusación (dos setenta a 1997) e que a contabilidade das súas sociedades "es absolutamente falsa".
O fiscal Antidroga sostén que dispuso de millones y millones de pesetas procedentes del narcotráfico"
A defensa de Digna Diaz, esposa de Falconetti, centrouse en desacreditar a períto da Axencia Tributaria cuxo informe centra a acusación do fiscal e pediu ao tribunal que "se aparte del procedimiento por los errores que comete y su falta de objetividad".
Igual estratexia seguiu a defensa de Luis Falcón. O seu letrado define as conclusións da citada perito como "un resultado que sólo está en su cabeza" e di do seu informe que "comete tal cúmulo de errores que se desacredita a si mismo".
O xuízo quedou visto para sentenza. Á saída da sala, Falconetti dirixiuse á prensa para asegurar que todo lo que me están echando encima no existe nada, ni contabilidad ni drogas, nada de eso. A pesar de que unha sentenza da Audiencia de San Sebastián o condenou a 12 anos de cárcere por narcotráfico, volveu negar, como na súa comparecencia ante o xuíz, a súa relación coas drogas.
"Jamás", dixo, relacionouse con este delito, "porque para eso trabajo y eso lo saben en Vilagarcía". E atribuíu a acusación que o sentou no banco case 15 anos despois do delito do que se lle acusa a "la mafia", "la opinión pública" e "la política".
Relacionadas:
-
Absolven a Falconetti e a súa muller de branquexar cartos do narcotráfico
Por Natalia Puga |
-
Vázquez Taín: "o tema das drogas é básicamente político"
Por Oskar Viéitez |
-
Falconetti: "Cumplí seis años a pulso sin tener nada que ver con el tráfico de drogas"
Por Natalia Puga |
-
Xulgan a Falconetti e a súa esposa por branquear diñeiro do narcotráfico
Por Oskar Viéitez |