Un detido nunha espectacular operación contra o narcotráfico en Vilanova
Por Natalia Puga
Unha persoa foi detida pola súa presunta vinculación co narcotráfico no marco dun operativo realizado este mércores por efectivos do Equipo Contra o Crime Organizado (ECO) da Garda Civil en Vilanova de Arousa.
O operativo desenvolveuse durante todo o día, pero resultou especialmente espectacular pola tarde, cando máis dunha decena de axentes confluíron na zona das Sinas e se despregou tamén un helicóptero nas inmediacións.
Testemuñas presenciais relataron que os axentes levaban as armas á vista e o rostro tapado por pasamontañas (unha precaución habitual neste tipo de corpos policiais de investigación especializada) e desprazábanse en vehículos camuflados.