O PSOE denuncia que perduran varios vertedoiros incontrolados en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Cerdedo-Cotobade denuncia a presenza en varios puntos do municipio de vertedoiros incontrolados que se prolongan desde hai varias semanas a pesar de que xa hai varios días o alcalde, Jorge Cubela, criticou o mal uso que a veciñanza estaba facendo dos vertedoiros do lixo e se comprometeu a vixiar estas prácticas para poder fin a esta grave situación.
Pasados quince días desde esa comunicación do alcalde, a voceiro do PSOE, Lina Garrido, sinala que os colectores seguen estando cheos e atribúe a situación á alerta sanitaria do coronavirus.
Segundo a concelleira socialista, o problema é que están saturados de materiais indebidos, materiais de obra ou restos de poda e que "a gravidade do asunto aumenta" porque "cada vez máis proliferan os vertidos incontrolados en espazos abertos, prexudicando así ao medio ambiente, e propiciando as condicións para os incendios forestais.
O grupo socialista sinala que é "moi consciente" do "gran traballo" de coordinación que está realizando o Concello no reparto das máscaras de cara, pero pídelle "un esforzo adicional" para velar por esta situación e non esquecer a normalidade.