Jorge Cubela acusa a Andrés Díaz de "persoa destrutiva" por denunciar as obras dos Baños de San Xusto

Por Redacción
Fortísimo malestar e duras críticas do alcalde popular de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela cara ao seu homólogo de Ponte Caldelas, o socialista Andrés Díaz, tras coñecer que este último ten denunciado o convenio entre Cerdedo-Cotobade e a Xunta para a rehabilitación integral e a restauración paisaxística dos Baños de San Xusto.
Esta circunstancia motivaba que este mesmo mércores 28, Cubela convocase de forma urxente unha xunta de voceiros para informar exclusivamente desta situación que cualificou de "actitude inadmisible" e "desesperado intento de boicot" para paralizar este proxecto que se iniciou o pasado xaneiro mediante o convenio subscrito coa Xunta "con motivo da primeira actuación do Pacto pola Paisaxe de Galicia" e dotado cun financiamento de 680.000 euros.
Nesta sesión extraordinaria o grupo de goberno informaba os representantes de PSOE e BNG do asunto, achegando diversa documentación como o expediente remitido pola Xunta, informes xurídicos ou o convenio coa Fegamp, así como a denuncia realizada polo alcalde caldelano contra o convenio.
Ademais, Cubela explicou que o acordo é igual ao subscrito coa Deputación para humanización da Chan ou aos realizados entre o goberno galego cos concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas para a execución dunha vía verde.
"Demostra que é unha persoas destrutiva que só tenta facer ruído para tapar a súa incompetencia e ineficaz xestión e trata de enfrontar a dous municipios veciños e irmáns, inutilmente, xa que a tramitación da obra é impecable e non vai conseguir o seu propósito", afirmaba Cubela.
Na xunta extraordinaria fixábase un prazo de dous días para que os grupos da oposición apoien ao goberno local asinando un comunicado conxunto "no que se pedirá respecto institucional porque esta cuestión non é entre concellos nin entre partidos, senón que se debe en exclusiva a unha actitude revanchista persoal do alcalde de Ponte Caldelas"
De igual forma informouse que se contactará cos grupos da oposición de Ponte Caldelas para que estean informados da actitude e acción de Andrés Díaz respecto diso.
Relacionadas:
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide a Cubela que aclare como reformará os Baños de San Xusto se perde a subvención
Por Redacción |
-
Jorge Cubela defende que o Defensor do Pobo non pode admitir denuncias de administracións públicas
Por Redacción |
-
Primeira acción reivindicativa en Cerdedo-Cotobade para defender a rehabilitación dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
O alcalde de Ponte Caldelas entra de cheo na polémica pola súa queixa contra os Baños de San Xusto
Por Redacción | Creada e actualizada
-
PP, PSOE y BNG de Cerdedo-Cotobade apoian as obras de Baños do San Xusto tras a denuncia de Andrés Díaz
Por Redacción |
-
Jorge Cubela arremete contra cargos do PSOE por "tentar paralizar" a rehabilitación dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Reanudan as obras públicas en Cerdedo-Cotobade tras a suspensión polo estado de alarma
Por Redacción |