Pechada a rúa Otero Pedrayo polo posible risco de derrube do noiro da rúa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Concello de Pontevedra pechou este martes pola tarde a rúa Otero Pedrayo logo de recibir o aviso da empresa constructora da estación intermodal, por un posible risco de derrube do noiro da rúa.
Debido ás obras da estación estaba pechado un carril da rúa (dende Eduardo Pondal a O Marco) pero agora se fixo necesario facer o peche completo.
Segundo informaron dende o Concello, os técnicos municipais irán supervisando día a día a evolución da obra e determinando as intervencións que houbera que realizar.
As obras da estación intermodal eliminaron a entrada que utilizaban os autobuses para acceder ao recinto, situada en paralelo á rúa Otero Pedrayo. Agora, os autocares teñen que acceder pola zona máis pegada á avenida de Josefina Arruti, compartindo así acceso con aqueles que saen da instalación.
A medida, que forma parte das obras para ampliar a praza, supuxo unha importante redución de tráficos fronte á estación.