Cerdedo-Cotobade esixe a revogación do ditame do Defensor del Pueblo sobre a obra nos Baños do San Xusto

Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade presentou un escrito para esixir de maneira formal ao Defensor del Pueblo que revogue a súa suxerencia para que se anule o convenio entre o goberno local, o Instituto de Estudos do Territorio e a Fegamp para financiar a reforma dos Baños do San Xusto. Nese informe o Defensor del Pueblo apuntaba que había importantes erros e defectos de forma e mesmo incumprimento da legalidade.
Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, entende que o escrito presentado pola Xunta de Galicia ante a institución estatal é "moi contundente" e rexeita a petición de anular o convenio entre as administracións. O rexedor considera que o Defensor del Pueblo debería concederlle audiencia como parte afectada e beneficiaria dunha concesión de 680.000 euros para financiar a obra.
Por este motivo, desde o Concello demanda que se anule de forma urxente o ditame de suxerencia e recomendación do Defensor del Pueblo. En caso de querer retomar esta denuncia que procede de Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, se debe trasladar toda a información a Cerdedo-Cotobade cun prazo de audiencia. Ademais, Cubela solicita para evitar unha situación de indefensión xurídica que se lle remita unha copia da queixa formulada por Andrés Díaz.
Cubela ampárase no escrito da Xunta no que reafirma a transparencia, publicidade, difusión, tramitación e cumprimento normativo deste procedemento. Ademais, anuncia o alcalde, está a promoverse outro informe xurídico sobre a situación dos Baños do San Xusto "para defender os nosos dereitos e o estrito cumprimento da normativa".
RESPOSTA AO PSOE
O máximo mandatario municipal tamén lamenta o paso dado polo PSOE "contra esta obra" ao presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia.
Esta acción "confirma que hai unha lamentable persecución partidista dos socialistas contra Cerdedo-Cotobade e os seus veciños", afirma o rexedor. As promotoras desta iniciativa son Patricia Vilán e Paloma Castro que, segundo Cubela, manteñen unha "boa relación de amizade con Lina Garrido e o PSOE local".
Relacionadas:
-
O Defensor del Pueblo admite carecer de competencias e pecha o expediente do convenio de Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
O balneario, as pozas públicas e as saunas dos Baños do San Xusto abrirán en 2021
Por Redacción |
-
Cubela esixe a retirada do informe do PSOE contra os Baños de San Xusto tras comprobarse a súa legalidade
Por Redacción |
-
O BNG defende o proxecto termal de San Xusto pero pedirá máis información sobre o seu financiamento
Por Redacción |
-
A Xunta rexeita a solicitude do Defensor de anular o convenio dos Baños do San Xusto
Por Oskar Viéitez |
-
O PSdeG esixe explicacións á Xunta pola "adxudicación irregular" dos Baños de San Xusto
Por Redacción |
-
A Deputación descúlpase e retira unha noticia da súa web tras unha queixa do PP
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O PSOE de Cerdedo-Cotobade pide a Cubela que aclare como reformará os Baños de San Xusto se perde a subvención
Por Redacción |
-
Cubela acusa o PSOE local de "traizoar o pobo" na polémica pola obra dos Baños do San Xusto
Por Redacción |