Volven os divertidos vermús de Pinto e Maragota para celebrar o Día do Orgullo LGTBIQ+ 2020
Por Diego Torrado & Redacción
A praza da Verdura encheuse de público no regreso dos Vermús de Pinto e Maragota, que no atardecer deste sábado 27 na súa sesión Circas ofrecía as actuacións de MarikasXlaFiesta, Meiga_i e Ariezzz.
Con humor, música e baile, o público participou e divertiuse durante esta sesión que se realizaba para festexar o Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebra este domingo 28 de xuño. Paloma Castro, concelleira de Igualdade, acudía ao evento en compañía dos concelleiros do grupo socialista Tino Fernández e Iván Puentes e o candidato socialista por Portevedra, Rafael Cotelo.
O espectáculo buscaba, dunha forma desenfadada, concienciar sobre a necesidade social de respectar todas as identidades sexuais e reivindicar o dereito para vivir libremente sen sufrir discriminacións por ser lesbiana, gai, bisexual, persoa transxénero ou intersexual.
Este acto englóbase no programa da Semana do Orgullo LGTBIQ+ que desenvolve o Concello de Pontevedra e que se visibiliza coa instalación dunha bandeira cos cores do arco da vella no balcón da antiga Casa do Concello.
Relacionadas:
-
Unha semana de reivindicacións do Orgullo LGBTIQA+ en Pontevedra
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
'Un Rapá Transquilo', un concerto virtual de Éric Dopazo para retomar os Vermús de Pinto e Maragota
Por Redacción |
-
Paloma Castro despídese "satisfeita" coa resposta rápida que Benestar Social deu ás necesidades marcadas pola Covid-19
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Reivindican en Pontevedra a tramitación dunha lei trans estatal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A Caravana LGTBIQ+ estende a conciencia da diversidade polas rúas de Pontevedra
Por Redacción |
-
María Reimóndez gaña o premio literario Pinto e Maragota con "Cobiza", unha novela de ciencia ficción
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra encherase de plumas e flores coa bandeira do Orgullo LGTBIQ+ para dicir "non á plumofobia"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |