A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra acolle 40 axentes en prácticas
Por Oskar Viéitez
A Subdelegada do Goberno, Maica Larriba, visitou este xoves as instalacións da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra para saudar e dar a benvida aos 40 gardas alumnos en prácticas, que se incorporan estes días a distintos postos da provincia.
A visita tivo lugar con motivo das xornadas de formación e adaptación que se están levando a cabo ao longo desta semana. A incorporación ás súas respectivas unidades realizarase o vindeiro luns día 6 de xullo.
A visita prodúcese a poucas horas do inicio da primeira operación do verán, que arrinca ás 15 horas do venres e finaliza a medianoite do próximo domingo.
Está previsto que durante as fins de semana deste verán haberá vixilancia especial a colectivos vulnerables, como ciclistas e motoristas. Ademais, haberá campañas especiais de vixilancia de velocidade e de consumo de alcol e drogas.
A campaña estival deste ano vén marcada pola excepcional situación xerada pola crise da covid-19 polo que nin sequera hai unha estimación do número de desprazamentos previstos polas estradas galegas, cando o pasado ano foron uns 9 millóns.
Con todo, a desconfianza que afecta á cidadanía e a incerteza que rodea aos desprazamentos fai que se produciu unha redución do uso do vehículo.