Comezan as obras para ampliar os accesos á igrexa de San Andrés de Xeve
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Algo máis de 41.200 euros investirá o Concello de Pontevedra nas obras de ampliación da estrada de acceso á igrexa de San Andrés de Xeve.
Os traballos, que son posibles grazas ás cesións de terreos realizadas polos veciños do lugar de Sobral, iniciáronse hai algúns días.
A vía de acceso á igrexa parroquial atopábase nun estado bastante deteriorado e cun ancho insuficiente para as necesidades veciñais actuais.
O proxecto consistirá na ampliación da estrada cos sobreanchos de cesión, na canalización das augas pluviais e no asfaltado. Tamén se construirá un muro de contención do terreo.
As obras prolongaranse durante varias semanas.