Centos de fieis asisten á procesión de San Roque
Por Diego Torrado
Unha gran multitude de devotos acudiron este venres 16 á procesión de San Roque que partía ás 20 hora da Basílica de Santa María e percorría as rúas Alfonso XII e Avenida de Colón para rematar na capela de San Roque Madamitas.
Portando velas, fieis de todas as idades realizaron o traxecto mostrando a súa crenza no coñecido como o santo dos cans. A súa imaxe realizou o percorrido acompañado por un grupo de gaiteiros. Na comitiva estiveron presentes tamén concelleiros do Partido Popular co seu portavoz, Jacobo Moreira, ao fronte.