Máis de 60.000 reproducións suma xa un vídeo de estudantes de Publicidade contra os falsos mitos sobre o sexo
Por Redacción
Combater o mito de que o preservativo masculino pode ser incómodo nas relacións sexuais, ese era un dos obxectivos do vídeo que un grupo de estudantes da Facultade de Publicidade e Relacións Públicas subiu á plataforma TikTok logrando case 70.000 visualizacións, segundo recolle o DUVI.
Este traballo académico pretende loitar contra as falsas crenzas sobre o sexo e rexeitar, dunha forma educativa, as "fake news" e a desinformación. O profesor Alberto Dafonte foi o encargado de coordinar este proxecto no que participaron Ángela Castro, Manuel Caamaño, Paula Crespí, Julia Cruces e Andrea González. A súa intención era enviar unha mensaxe ao público adolescente a través dunha rede moi utilizada pola xente máis nova.
O vídeo conta tamén con máis de 10.000 likes nesta rede social pero non todo foi tan fácil. Ás dúas horas de subilo o vídeo xa sumaba 50.000 visitas, pero os xestores da plataforma decidían borralo ao entender que incumpría as normas da comunidade. Os estudantes volveron subilo e foi borrado outras dúas veces máis ata que Ángela Castro contactou con TikTok e explicoulles que se trataba dun vídeo con contido educativo. Unha vez entendida a intención, os propios xestores volveron publicar este vídeo.
A actividade forma parte da materia Teoría e práctica da comunicación televisiva, coa participación de 63 estudantes. O obxectivo era crear vídeos orientados a públicos concretos para tratar as falsas informacións, tan frecuentes nestes tempos. Nestes proxectos colaboraron coordinadoras da Redeira para analizar os recursos narrativos