Golpea un taxista, discute cun veciño que lle chama a atención e zarandea un Policía que o quere deter
Por Natalia Puga
Un veciño de Ferrol foi detido en Pontevedra por supostamente agredir un taxista, increpar un veciño que lle chama a atención e zarandear un axente da Policía Nacional que intentaba identificarlle. Todo a primeira hora da mañá do sábado na rúa Xeneral Martitegui, no lateral da facultade de Belas Artes.
A suposta vítima non está traballando este luns, pois "la cara se la dejó bastante marcada", pero os seus compañeiros saben os detalles do sucedido e relatan que o detido "estaba eufórico". Rondara a parada durante toda a noite cunha maleta na man e intentara sen éxito que outros condutores o levaran a Ferrol.
Xusto antes da agresión, "esperó a que se quedase uno solo. Estaba ya muy pasado". Aseguran que o agresor é un mozo de nacionalidade estranxeira, procedente dun país de Europa do Leste, y que forcexeou longo tempo co taxista pedíndolle as chaves do coche.
A Policía Nacional recibiu unha chamada na central ás 8.10 horas. Un cidadán alertaba de que un home estaba a golpear un taxista, de modo que varias patrullas se dirixiron ao lugar. Cando chegaron a agresión rematara, pero o suposto autor seguía na zona, en estado moi agresivo e discutindo con outra persoa diferente.
Os taxistas de Xeneral Martitegui din que "la cara se la dejó bastante marcada" e que o detido "estaba eufórico"
O propio taxista presuntamente agredido dixo aos axentes quen era o agresor. Sinalou un rapaz que estaba nun lugar próximo increpando un cidadán que lle chamaba a atención por pegar o condutor.
O taxista relatou tamén que todo xurdiu porque se negou a levar o seu presunto agresor a Ferrol porque non lle daba garantías abondo de que fose a aboar a carreira. Cando se negou a levalo no seu taxi, golpeouno sen mediar palabra. Deulle varios golpes e causoulle erosións e contusións. Ademais, intentou substraerlle as chaves do vehículo.
Os axentes dirixíronse ao mozo para intentar identificalo e el, que se achaba nun estado moi agresivo, negouse a identificarse e, nun momento dado, intentou zarandear un dos axentes. Finalmente, foi detido e trasladouse á Comisaría.
Trátase dun rapaz de 30 anos veciño de Ferrol sen antecedentes policiais e detivérono como suposto autor dun delito de atentado a axente da autoridade e outro de lesións. Por estes feito xa pasou a disposición do Xulgado de Garda.