
© Club de Leones
O Club de Leóns doa en Pontevedra material hixiénico e de protección contra o coronavirus

Por Redacción
Dispensadores de xel hidroalcohólico, pantallas protectoras e máscaras é o material que doou o Club de Leóns de Pontevedra a varias entidades da cidade, procedentes do enviou realizado pola Federación de Clubs de Leóns de España.
O pai Gonzalo foi quen fixo a recepción do material entregado á igrexa de San Francisco, que se destinará para a entrada do templo e para a entrada do comedor social. No caso do santuario da Peregrina, foi o presidente da Confraría, Ignacio Landín, o encargado de recoller a doazón para o recinto eclesiástico.
O albergue de peregrinos que xestiona a Asociación de Amigos do Camiño Portugués é outro dos emprazamentos beneficiarios. Celestino Lores, presidente do colectivo foi quen formalizou a recepción dos dispensadores de xel, máscaras e pantallas protectoras para os voluntarios.
O Club de Leóns tamén fixo entrega de máscaras na residencia de maiores Soremay, así como no centro de día de AFAPO, onde se entregaron dispensadores de xel, máscaras e pantallas de protección.
Relacionadas:
-
Benestar Social e Afapo renovan a súa colaboración para loitar contra o Alzhéimer
Por Redacción |
-
Os traballadores de Ence entregan alimentos para persoas en risco de exclusión social
Por Oskar Viéitez |
-
Amigos de Galicia habilita un formulario para que familias con problemas económicos pidan axuda
Por Redacción |
-
Doan 2.000 metros de tea homologada para axudar na confección de máscaras para os pontevedreses
Por Redacción |
-
O Rotary Club de Pontevedra entrega as súas doazóns ao Banco de Alimentos e ao programa 'Porta a porta'
Por Redacción |