
© Concello de Cerdedo-Cotobade
Cerdedo - Cotobade inicia o seu sétimo campus de voluntariado centrado nos Baños de San Xusto

Por Redacción
A sétima edición do campus de voluntariado de Cerdedo - Cotobade ponse en marcha. Enmarcado na campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta, a actividade deste ano centrarase nos aspectos patrimoniais e culturais relacionados cos Baños de San Xusto, en fase de rehabilitación; as augas dá Freixa e a arte rupestre da contorna das parroquias de Sacos.
Ata o 29 de agosto, os voluntarios terán que, en primeiro lugar, adquirir coñecementos sobre a importancia destes lugares, para logo ocuparse da difusión e posta en valor deste enclave, principalmente a través da fotografía. Para logralo, os participantes contarán con ensinos de expertos nestes espazos, a súa historia, valores e características.
Na práctica, a súa pegada en Cotobade pasará pola creación dun traballo visual a través da publicación das fotografías nos seus perfís de Instagram e oncluirá cunha exposición fotográfica do proceso de rehabilitación dos Baños e a súa contorna que acollerá a sala de usos múltiples de Carballedo.
Con motivo do inicio da actividade, os dez voluntarios participantes foron recibidos no Concello polo tenente de alcalde, Fernando Vázquez. Durante os dez días de duración do campamento permanecerán aloxados no colexio público de Carballedo.
Relacionadas:
-
Concello e Xunta avalan a "gran calidade" da rehabilitación dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Comeza a construción das pozas termais dos Baños do San Xusto
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade pon fin ao programa especial de conciliación e comeza a preparar o inicio do curso lectivo
Por Redacción |
-
O balneario, as pozas públicas e as saunas dos Baños do San Xusto abrirán en 2021
Por Redacción |