Últimas prazas para participar no roteiro infantil pola Ponte do Burgo este mércores 26 de agosto
Por Redacción
Este mércores 26 de agosto desenvolverase o último roteiro infantil que se organizan con motivo da inauguración da reforma da ponte do Burgo. Será entre as 19.00 e as 20.00 horas e quedan as últimas prazas para que un total de 21 menores participen nesta sesión.
Vai destinada a menores con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. A participación é gratuíta pero desde o Concello de Pontevedra solicitan que se realice unha inscrición previa a través desta ligazón: https://apuntate.pontevedra.gal/roteiro-ponte-do-burgo-mercores-26/ para atender todas as necesarias precisas e adoptar as medidas de seguridade sanitaria establecidas polas autoridades sanitarias.
Tamén durante esa mesma xornada, a partir das 21.00 horas terá lugar unha actividade unicamente para público adulto para a que xa non quedan prazas dispoñibles..