Retíranlle 60 petardos a un menor en Poio que estaba a causar molestias á veciñanza
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio localizaban no Parque de Monte Saiñas un menor, de 17 anos de idade, que portaba 60 petardos. Os axentes da policía retirábanlle este material explosivo debido ás queixas veciñais.
Segundo explican desde a comisaría, a veciñanza alertaba dos ruídos e das molestias que estaba a causar un grupo de mozos na contorna.
Ademais, a Policía Local de Poio tamén denunciaba varios menores por non cumprir coa normativa sanitaria e camiñar polas rúas do municipio sen levar posta a máscara protectora.
Desde este corpo piden á cidadanía que alerte de calquera circunstancia irregular que se produza no Concello de Poio a través do teléfono 689.575.495.