Sanxenxo revalida en agosto o seu liderado no norte de España con 147.501 pernoitas
Por Redacción
Sanxenxo mantívose como líder en pernoitas no norte de España durante o pasado mes de agosto con 147.501 pernoitas.
Os datos facilitados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) revalidan o atractivo turístico do municipio nun contexto marcado pola alerta sanitaria do Covid 19 e reforzan o seu posicionamento na cornixa cantábrica superando en pernoitas a destinos de gran prestixio como San Sebastián (123.443), Santander (104.090), Bilbao (98.027), Santiago de Compostela (89.515) ou Xixón (62.352).
O peso turístico de Sanxenxo na comunidade galega queda tamén demostrado ao supoñer un 16% das pernoitas rexistradas en Galicia durante o oitavo mes do ano (924.618) e o 34% da provincia de Pontevedra (436.007) superando incluso a suma das cifras de cidades tan importantes como A Coruña (62.352) e Vigo (73.668).
Aínda que os datos deste verán non deben ser comparados con anteriores tempadas debido á situación sanitaria excepcional, Sanxenxo logrou manter o 60% de pernoitas respecto a agosto de 2019 cando se rexistraron 246.272.
Os datos de ocupación de agosto facilitados polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) son do 65,5%, unha cifra que se sitúa 21 puntos por encima da media nacional (44,20) e da media galega (44,63%). O goberno local destaca o papel do sector turístico na consecución de "os mellores datos posibles" nun verán atípico así como a colaboración das 218 persoas que traballan en Sanxenxo na campaña estival.
Relacionadas:
-
Sanxenxo mantense como o destino turístico favorito de Galicia
Por Redacción |
-
Rueda reúne en Sanxenxo o Clúster de Turismo de Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo prepara unha nova ordenanza hoteleira buscando a modernización das instalacións
Por Redacción |
-
As Rías Baixas posiciónanse como destino turístico nun contexto xeneralizado de perda de visitantes
Por Manu Otero |
-
O sector turístico celebra o "músculo" de Sanxenxo, que pecha agosto cun 65,5% de ocupación
Por Redacción |