Localizan unha muller que furtaba roupa en tendas usando unha bolsa para eludir as alarmas
Por Redacción
A Policía Nacional de de Pontevedra identificou unha muller á que se atribúe a comisión de varios delitos de furtos que cometeu supostamente utilizando unha bolsa preparado para eludir os sistemas de seguridade.
Os axentes da Comisaría de Pontevedra estaban a realizar labores de prevención da seguridade cidadá na zona comercial cando observaron a presenza de dúas mulleres e que unha delas estaba a manipular unha bolsa en actitude sospeitosa.
Os axentes identificaron á muller e comprobaron que levaba múltiples pezas de dúas tendas diferentes nunha bolsa preparada para eludir os sistemas de alarma dos establecementos comerciais.
Os axentes comprobaron que portaba varias pezas de dúas coñecidas tendas valoradas en 285 euros.
Unha vez identificada, os axentes entregáronlle unha citación para a celebración dun xuízo rápido por furto.